miércoles, 12 de junio de 2013

Xornadas de Xeografía e Historia "Agostiño Entenza"no IES de Rodeira



Un ano máis celebramos as xornadas de Xeografía e Historia, neste caso dedicadas ao “Desenvolvemento urbanístico de Cangas”. O alumnado dos distintos cursos de ESO e Bacharelato fixo traballos de investigación sobre distintos aspectos do desenvolvemento do concello de Cangas ao longo de diferentes etapas históricas. Deste xeito os contidos curriculares dos distintos niveis relaciónanse e concrétanse no maior coñecemento do seu entorno próximo. Este traballo está dentro do Plan Proxecta “Proxecto Terra” que solicitou o Departamento a principio de curso.
Os traballos do alumnado en distintos formatos: presentacións PowerPoint, informes en Word, murais, maquetas de edificios e patrimonio arquitectónico .....,  expuxeronse durante a semana das xornadas que se celebrou do 22 ao 29 de Abril.


Ademais dos traballos feitos por os alumnos houbo outras exposicón sobre o tema  no centro:
- “Cangas de Onte a hoxe”  Fotografía e documentación  da asociación cultural A CEPA. 

-As fotografías presentadas o concurso fotográfico: “ O patrimonio arquitectónico de Cangas”.

As premiadas foron as de: 
1º Premio:  Verónica Guerra Fandiño 3ª ESO B, Accésit: Caetano Eirea Orro 3ª ESO B, Accésit: Eva Piñeiro González  de 1º de Administrativo.

-Maquetas feitas por alumnado de primeiro ciclo da ESO e alumnado de adultos.

-Planeamentos urbanísticos de Cangas – S: XX- ( Arquivo municipal de Cangas).

- A Casa mariñeira: Tipoloxías – Francisco Mallo-

-Debuxos e pinturas realizados por alumnado de adultos “Taller de debuxo”.

-Traballo sobre o desenvolvemento urbanístico: Primerios asentamentos da Idade Media ata actualidade.

-O futuro de Masso: Reflexión sobre a importancia de Masso e o seu futuro.

O alumnado da Eso baixou a visitar a
exposición durante algunha das clases de Sociais.


Nas xornadas de tarde para o público en xeral na Aula de Usos Múltiples celebráronse os seguintes actos repartidos en tres xornadas:
-Proxección e comentario de fotos: “ Cangas de onte a hoxe” –Século XX-  Asociación cultural
“A Cepa”.
- Charla- coloquio: “ A casa mariñeira. Tipoloxías” por Francisco Mallo Lagoa
- Presentación de Traballos escolares: Vídeos e Power Point.
-Charla- coloquio: “Nacemento e consolidación urbanística de Cangas na Idade Media” por Anselmo López Carreira.
-Proxeccións de traballos escolares: Vídeos e Presentacións Power point.
-Charla- coloquio: “Presente e futuro do desenvolvemento urbanístico de Cangas” por Rafael Soliño  ( concelleiro de urbanismo) e Andrés Pino ( Arquitecto de Consultora Galega). 

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario