jueves, 13 de junio de 2013

Coñecendo Cangas de Morrazo


Este é un taboleiro para expoñer as actividades que o alumnado do Ies de Rodeira fai sobre o seu entorno para as materias de CCSS, Xeografía, Historia e Ámbito Sociolingüístico.

Actividades do alumnado de 1º ESO CCSS


En 1º de ESO o alumnado traballou o coñecemento do entorno con saídas guiadas por o profesorado a distintas partes do casco urbano (casco antigo, prazas, xardíns, mercado..) nestas saídas  recolleron información e documentación  cubrindo  fichas de traballo, despois realizaron traballos de Powerpoint, videos e   maquetas sobre patrimonio arquitectónico e espazos urbanos de Cangas. este traballo sobre a historia do mercadillo é unha boa mostra “O mercado De Cangas”:


Mercadillo cangas from Espe1959

As fotografías das maquetas realizadas están na presentación sobre as xornadas de Xeografía e Historia, que podedes ver neste mesmo blog.

Actividades de 2º de ESO


Nos grupos de 2º ESO en relación co tema do  “ O mundo das cidades,” traballouse sobre a percepción que o alumnado tiña do espazo urbano de Cangas e de como fora cambiando ao longo do tempo. Neste video tedes unha  mostra dos traballos realizados:







Os debuxos que recollen a  percepción que os alumnos teñen do espazo urbano de Cangas, están na presentación sobre as  xornadas de Xeografía e Historia neste mesmo blog.



Actividades do alumnado de 3º da ESO


Partindo da unidade didáctica do Proxecto Terra, o alumnado traballou sobre a organización do territorio e a cidade.Despois fixeron traballos sobre os cambios experimentados na cidade de Cangas e a problemática actual (feismo).
C:Documents and SettingsusuarioEscritorioproxecto terraCangas Onte e Hoxe from Esperanza 
Mariño on Vimeo.

E tamén o video
Proxecto Cristina from Esperanza Mariño on Vimeo.
 Tamén foi o alumnado deste nivel o que realizou a visita guiada a cidade de Vigo dentro do Proxecto Terra. Tanto profesorado como o alumnado quedou moi satisfeito coa visita. Posteriormente os alumnos realizaron traballos sobre o que aprenderon na visita:



miércoles, 12 de junio de 2013

O alumnado de 4º de ESO traballou sobre  as actividades económicas en Cangas.


Massó: A industria conserveira, a importancia económica e social no pasado e causas da súa decadencia.


Cangas Masso from Esperanza Mariño on Vimeo.

Tamén sobre os cambios experimentados en Cangas ao longo do século XX:


En galego e dinamización linguística todos os niveis traballaron sobre Massó



O alumnado buscou información e realizou presentacións powerpoint indicando a súa situación e vías de comunicación, a división en parroquias, os sectores económicos, os espazos naturais e os monumentos de interese. Fixemos entón un primeiro achegamento ao complexo fabril de Massó e á súa importancia como patrimonio industrial de Cangas. Proxectamos as fotografías que conserva a CEPA de cando a fábrica funcionaba, como conserveira e como baleeira e escoitamos a testemuña de persoas maiores de Cangas que traballaron alí.
No 2º trimestre, nunha saída camiñando na que participou alumnado de todos os cursos da ESO, percorremos o litoral de Cangas na Ría de Vigo, facendo unha xincana. Unha das probas desenvolveuse nas ruínas que hoxe quedan daquel complexo fabril. Aquí, cada equipo tivo que marcar as respostas correctas nun cuestionario sobre datos da súa historia, sobre o seu valor actual e sobre o seu futuro. Lembramos o que aprenderamos ao principio de curso e axudamos aos nosos grupos a marcar as respostas correctas e a debater sobre o uso que pensabamos que se lle debía dar a este lugar.

Despois investigamos sobre a empresa que hai uns anos quixera construír alí, sobre as razóns da oposición dos veciños e sobre as medidas legais que se tomaran e os seus resultados, recollendo datos e fotos cos que preparamos unha presentación que logo fotocopiamos en cor e plastificamos para que formase parte da exposición sobre o Plan urbanístico de Cangas que se realizou no 3º trimestre. Despois do traballo realizado, concluímos que non nos parecía ben destinar estes terreos ao uso privado que só favorecería a uns poucos. Pensamos que as ruínas da vella fábrica Massó ben merecen ser conservadas e restauradas como patrimonio industrial de Cangas e o espazo que ocupou o complexo fabril debe converterse en zona verde ben conservada para goce de todos os veciños e veciñas de Cangas, dos que a nosa vila é deficitaria.


Traballos realizados por o alumnado de 2º de bacharelato nas materias de Xeografía de España e Hª Arte

Na materia de Xeografía de España o alumnado realizou traballos sobre o entorno en relación a distintos temas:


-Comentario da paisaxe natural no entorno do concello de Cangas: a praia de Barra





                    


Atopámonos ante una fotografía da praia de Barra e a súa contorna, no municipio de Cangas do Morrazo, situado este na Península do Morrazo, na parte centro-occidental da provincia de Pontevedra (Galicia).
En primeiro lugar pasarei a analizar o relevo. Nesta paisaxe podemos observar diversas formas de relevo costeiro, sendo a propia praia de Barra unha delas.Esta praia pertence á súa vez (e xunto coas praias de Nerga e Viñó) á enseada de Nerga, cuxo final, a punta Frouxeira, é visible na fotografía. Moi ao fondo tamén podemos ver a silueta das Illas Cíes, xa que a zona reflectida na imaxe se atopa bastante próxima á entrada da Ría de Vigo.
En canto ao rochedo desta área podemos dicir que, como case todo o que conforma Galicia, é de tipo silíceo.Non obstante, por ser esta unha zona de praia, son os sedimentos de orixe continental e marítima que forman a area os que dominan na paisaxe. Isto explica tamén a presenza de dunas como forma de modelado do relevo, sendo un exemplo aquela sobre a que se asentan os piñeiros, cuxa grande extensión escapa á imaxe.
O clima será outro dos elementos naturais presentes na paisaxe. O que se dá neste entorno, debido á posición xeográfica de Galicia, é de tipo oceánico. Porén, debido a circunstancias concretas como son a súa situación no litoral ou a orientación da ría a favor dos ventos dominantes, podemos encadrar a zona de forma máis específica no matiz climático da Galicia occidental, de abundantes precipitacións e temperaturas moderadas. Cabe destacar que estas últimas, por atoparnos nas Rías Baixas, preséntanse máis elevadas e cunha distribución máis estacional que no resto do dominio climático, sendo posible a existencia dunha relativa aridez en verán.
As augas teñen a súa presenza na fotografía unicamente como mar, sendo o Océano Atlántico, que penetra na costa pola xa anteriormente mencionada Ría de Vigo, o que baña este tramo litoral. Tamén hai, aínda que non é visible nesta imaxe, un pequeno regato ao remate da praia.
Da vexetación podemos dicir que é de bosque debido a presenza de especies arbóreas, tratándose neste caso de piñeiros. Por tanto non nos atopamos ante unha vexetación clímax(xa que o bosque tipicamente oceánico está constituído por especies caducifolias como o carballo ou a faia), senón que estamos a falar dun tipo de vexetación secundaria introducida polo home. As características desta árbore, tales como rápido crecemento, adaptabilidade a condicións climáticas extremas e a todo tipo de solos, explican o seu crecemento ao longo de toda a superficie da duna xa citada e tamén nas outras praias da enseada, e nunha zona cuxo solo, por ser de area, é de gran escaseza en nutrintes, pobreza á que contribúen ademais as propias follas do piñeiro. Tamén mencionar a presenza aos pés do piñeiral de pequenas plantas típicas das dunas, como a arenaria de mar
Para finalizar, destacar a gran riqueza natural e paisaxística da praia de Barra e toda a súa contorna, razón pola cal pertencen na actualidade a área de protección medioambiental coñecida como Espazo Natural Protexido dunas de Barra e costa de Soavela, dentro da rede Natura 2000.
            

-Perfil topográfico coa folla de Cangas do mapa topográfico nacional:



-A organización do territorio. O concello de Cangas, cambios no tempo:


Comentario do plano urbano de Cangas (Tipoloxía, Casco antigo, S.XIX, plano organizado,cidade difusa, problemática actual....). 





-En Hª da Arte  a Arquitectura de Cangas: Arquitectura tradicional e arquitectura do século XIX e XX