miércoles, 12 de junio de 2013

Traballos realizados por o alumnado de 2º de bacharelato nas materias de Xeografía de España e Hª Arte

Na materia de Xeografía de España o alumnado realizou traballos sobre o entorno en relación a distintos temas:


-Comentario da paisaxe natural no entorno do concello de Cangas: a praia de Barra





                    


Atopámonos ante una fotografía da praia de Barra e a súa contorna, no municipio de Cangas do Morrazo, situado este na Península do Morrazo, na parte centro-occidental da provincia de Pontevedra (Galicia).
En primeiro lugar pasarei a analizar o relevo. Nesta paisaxe podemos observar diversas formas de relevo costeiro, sendo a propia praia de Barra unha delas.Esta praia pertence á súa vez (e xunto coas praias de Nerga e Viñó) á enseada de Nerga, cuxo final, a punta Frouxeira, é visible na fotografía. Moi ao fondo tamén podemos ver a silueta das Illas Cíes, xa que a zona reflectida na imaxe se atopa bastante próxima á entrada da Ría de Vigo.
En canto ao rochedo desta área podemos dicir que, como case todo o que conforma Galicia, é de tipo silíceo.Non obstante, por ser esta unha zona de praia, son os sedimentos de orixe continental e marítima que forman a area os que dominan na paisaxe. Isto explica tamén a presenza de dunas como forma de modelado do relevo, sendo un exemplo aquela sobre a que se asentan os piñeiros, cuxa grande extensión escapa á imaxe.
O clima será outro dos elementos naturais presentes na paisaxe. O que se dá neste entorno, debido á posición xeográfica de Galicia, é de tipo oceánico. Porén, debido a circunstancias concretas como son a súa situación no litoral ou a orientación da ría a favor dos ventos dominantes, podemos encadrar a zona de forma máis específica no matiz climático da Galicia occidental, de abundantes precipitacións e temperaturas moderadas. Cabe destacar que estas últimas, por atoparnos nas Rías Baixas, preséntanse máis elevadas e cunha distribución máis estacional que no resto do dominio climático, sendo posible a existencia dunha relativa aridez en verán.
As augas teñen a súa presenza na fotografía unicamente como mar, sendo o Océano Atlántico, que penetra na costa pola xa anteriormente mencionada Ría de Vigo, o que baña este tramo litoral. Tamén hai, aínda que non é visible nesta imaxe, un pequeno regato ao remate da praia.
Da vexetación podemos dicir que é de bosque debido a presenza de especies arbóreas, tratándose neste caso de piñeiros. Por tanto non nos atopamos ante unha vexetación clímax(xa que o bosque tipicamente oceánico está constituído por especies caducifolias como o carballo ou a faia), senón que estamos a falar dun tipo de vexetación secundaria introducida polo home. As características desta árbore, tales como rápido crecemento, adaptabilidade a condicións climáticas extremas e a todo tipo de solos, explican o seu crecemento ao longo de toda a superficie da duna xa citada e tamén nas outras praias da enseada, e nunha zona cuxo solo, por ser de area, é de gran escaseza en nutrintes, pobreza á que contribúen ademais as propias follas do piñeiro. Tamén mencionar a presenza aos pés do piñeiral de pequenas plantas típicas das dunas, como a arenaria de mar
Para finalizar, destacar a gran riqueza natural e paisaxística da praia de Barra e toda a súa contorna, razón pola cal pertencen na actualidade a área de protección medioambiental coñecida como Espazo Natural Protexido dunas de Barra e costa de Soavela, dentro da rede Natura 2000.
            

-Perfil topográfico coa folla de Cangas do mapa topográfico nacional:



-A organización do territorio. O concello de Cangas, cambios no tempo:


Comentario do plano urbano de Cangas (Tipoloxía, Casco antigo, S.XIX, plano organizado,cidade difusa, problemática actual....). 





-En Hª da Arte  a Arquitectura de Cangas: Arquitectura tradicional e arquitectura do século XIX e XX






No hay comentarios:

Publicar un comentario